Síntense enganados e aseguran que o Alcalde tamén enganou aos veciños cando decía que apoiaba que a Autovía discurrira por Trives-Caldelas. Se el xa sabia que non ia pasar por a nosa comarca. Aseguran que en certo modo é normal porque despois de escoitar as palabras do secretario do PSOE Pepiño Blanco “ a miña palabra vale máis cas dos técnicos de fomento”, esperan calquer cousa.
O alcalde tamén asegura que xa está presupuestado o arranxo da carretera Esgos-Trives pero din que o alcalde xa perdeu toda a súa credibilidade despois das súas declaracións sobre a A-76, e de outras promesas incumplidas como a ampliación da residencia da terceira idade, xa que no ano 2003 prometeu a súa ampliación e a día de hoxe no 2009 aínda non existe nin proxecto de obra.
Xa estamos fartos de que nos enganen e pedímoslle que deixe de facer falsas promesas que despois non cumpre e que empeze a mirar dunha vez polos intereses dos seus cidadans.
Novas Xeracións da Comarca de Caldelas
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario