Trala realización dun gran mural no cruce da carreta C-536 a altura do cruce de San Xoan de Río por Mouroas, por parte de simpatizantes da plataforma xuvenil do BNG, Galiza Nova, a Corporación das Novas Xeracións do Macizo Central denuncia públicamente esta forma de realizar política, e NNXX de Caldelas sumase a esas denuncias.
As Novas Xeracións de Caldelas xunto coas do Macizo Central tamén se manifesta en contra das recientes pintadas realizadas tanto en San Xoan de Rio coma nos concellos limítrofes, Poboa de Trives e Manzaneda, con lemas a favor da independencia.Polo que dende as Novas Xeracións do Macizo e de CAldelas convidan a que o BNG tome cartas no asunto e intenten solucionar dito problema xa que pensamos que a realización destes murais estragando ó paisaxe con mensaxes partidistas poderíanse calificar de actos vandálicos.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario