domingo, 21 de junio de 2009

PLENO DO 19 DE MAIO DE 2009

Durante o pleno faise o sorteo para a designacion de integrantes das mesas electorais. Unha vez finalizado o sorteo o grupo popular a traves do seu voceiro expon os seguintes manifestos.

1. Reiteración da información sobre as actividades culturais do ano 2008 e a conta das festas na honra do San Sebastíán, solicitada a concelleira de cultura, tal e como xa se puxera de manifesto noutro Pleno


Novas Xeracions: Esta informacion xa se ye solicitou no pleno do mes de Xaneiro e logo no pleno do mes de Marzo, a resposta foi a mesma en todos e cada un deles, NADA. Asi, e fora de querer ser mal pensasdos, logo de seis meses, comenzamos a pensar que a concelleira de Cultura Sara Ines Vega Nuñez, ten algo que esconder e por iso non nos quere entregar os informes que lle pedimos. Asi e como xa fixemos tamen a traves do voceiro do grupo popular, poñemos en duda que esta señora se mereza o soldo que esta cobrando,e criticamos moi seriamente que esta enganando o pobo de Castro Caldelas, xa que o noso entender cobra por non facer nada, e a proba esta ahi, seis meses e ainda non entregou os informes que se lle pediron.


2. Informacion dos/as beeficiarios /as do programa Xantar na Casa e informes ou propostas da trballadora social.

O alcalde dixo o respecto que ahi un informe de Servizos Sociais para todos/as aqueles que fixeron a solicitud.


3. Formulase o rogo de que se repoña a Bancada exisente na Rúa dos Dormiñós.

En relacion a esto o alcalde di que "tratarán" de miralo, aproveitando unha serie de deficiencias nas obras recentemente executadas en Cima da Vila, imputables o contratista.

Novas Xeracions: Trataran de miralo, e de tratar a facer....... Bueno esperamos que tamen traten de mirar por que non se executou o proxecto do Polideportivo e por iso segue pechado un ano despois de iniciarse as obras.......Este e un tema que merece trato especial. E a ver se o señor alcalde di de verdade por que segue pechado e non lle bota as culpas a que non as ten.....

4. En relacion a biblioteca ¿vai estar pechado durante as vacacions do actual traballador?¿ Cantos anos ten pendente de excedencia o titular que asiste a biblioteca?

Sobre este tema o alcalde resposta que a excedencia non tiña data se ben considera que e necesario facer a corespondente convocatoria

Novas Xeracions: O rexedor o que non resposta e se permanecera pechada durante a vacacions do actual traballador, o que sucedeu, xa que Novas Xeracions visitou varios destes dias a bibloteca e esta pemaneceu pechada, imposibilitando asi o uso de todos aqueles que o necesitasen.

5.¿Cantos expedientes de reposicion da legalidade urbanistica estan abertos todavia no Concello?

O alcalde di que ahi que mirar no departamento urbanistico e indagar se queda algun pendente.


Novas Xeracions seguimos criticando que non se nos entreguen os informes sobre as actividades cultuais do 2008, sobre a festa do Fachos, e poñemos en duda a valia da Actual concelleira de Cultura de ser capaz de relizar as tarefas que o cargo esixe, xa que non se realiza ningunha actividad promivida pola concelleria de cultura.