lunes, 27 de abril de 2009

CONSTITUCION DAS NOVAS XERACIONS DO MACIZO CENTRAL


O Venres dia 24 tivemolo pracer de asistir a constitución, no Centro Social Cardiego, o pé do embalse de Queixa, das novas xeracións do partido popular nos concellos de Manzaneda, Chandrexa de Queixa e Póboa de Trives.

Neste acto contouse co apoio do presidente do partido popular en Ourense Don Xose Luis Baltar, co diputado provincial e alcalde de Chandrexa de Queixa Don Francisco Rodríguez, co presidente provincial de Novas Xeracións Roberto Ameijeiras, con representantes do partido popular nas distintas corporacións municipais asi coma con distintos presidentes de novas xeracións de diferentes comarcas de Galicia.

O presidente das novas xeracións do Macizocentral, Roberto Domínguez destacou a necesidade de que xente xove e emprendedora decida moverse por esta bisbarra tan esquecida e resaltou o seu afan reivindicativo para a sua mellora.

O acto asistiron unhas 200 persoas a maior parte mozos e mozas destes concellos preocupados polo seu futuro.

NORABOA

domingo, 19 de abril de 2009

Jesús Vázquez Abad Conselleiro de Educación


Desde nuestra humilde bitácora queremos felicitar a un gran amigo de Novas Xeracións da Comarca de Caldelas, Jesús Vázquez Abad que será Conselleiro de Educación del Gobierno de Alberto Núñez Feijóo.

Profesor titular de la UNED en Ourense, fue decano de la facultad de Ciencias empresariales y turismo de este campus. Actualmente es diputado en el Congreso y portavoz nacional del PP de Universidades.

Jesús, que tengas mucho éxito en tu nueva etapa de Conselleiro y esperamos que pronto visites nuestra comarca.

jueves, 16 de abril de 2009

NNXX de Galicia presenta na Xunta un escrito de impugnación da última asemblea do Consello da Xuventude


31 de Marzo de 2009



María Seoane, acompañada por representantes doutras asociacións, pediu diante da Consellería de Presidencia que a reunión sexa declarada “nula de pleno dereito”.
A presidenta de Novas Xeracións de Galicia, María Seoane acompañada por representantes de varias asociacións galegas, presentou esta mañá diante do Rexistro Xeral da Xunta de Galicia a documentación pertinente para solicitar que a Consellería de Presidencia declare “nula de pleno dereito” a XL Asemblea do Consello da Xuventude de Galicia.

A medida, tal e como explicou a propia Seoane, comportaría a celebración dunha nova asemblea no prazo máximo de dous meses, e a conseguinte celebración dunha nova votación para elixir aos membros do comité permanente, anulando polo tanto a candidatura de Azucena Rodríguez Amoroso (irmá da anterior presidenta do CXG) que de forma fraudulenta resultou elixida.

Entre os documentos presentados atópase unha declaración de diversas asociacións (Novas Xeracións, Clubs Xuvenís, AUTS e EFAS) que afirman ter presentado diante da Mesa da Asemblea un escrito polo que se solicitaba a suspensión da mesma ao non respectarse os prazos de notificación ás asociacións nin de presentación de candidaturas (cuxa copia con data de rexistro de entrada foi igualmente incluída).

Dito documento, non foi recollido no acta final da sesión, pero a súa recepción si foi asinada polo presidente da Mesa, Ignacio Filgueira.

Un segundo documento, manuscrito e asinado neste caso por 23 dos conselleiros designados polas asociacións para representalas no pleno: Novas Xeracións, Clubs Xuvenís, EFAS, AUTS, Galiza Nova, CAF e CAE (aos que posteriormente se sumaron representantes de CC.OO), relata as graves irregularidades producidas durante o proceso de acreditación, cando a hora límite rebasou en máis de 10 minutos o tope admitido e, tras haber declarado o presidente da mesa a suspensión da asemblea ao non acadar o quórum esixido, permitiuse a acreditación de dous supostos conselleiros (20 minutos despois e sen ningún tipo de identificación) cedendo así ás violentas presións e ameazas que insistentemente realizara o deputado autonómico do PsdeG, José Manuel Lage Tuñas.

Por todo iso, María Seoane explicou que o escrito solicita á Consellería de Presidencia da Xunta de Galicia que “declare inválido todo acordo adoptado en dita asemblea ao estar afectado de nulidada absoluta” e que Novas Xeracións de Galicia adoptará as medidas necesarias para que “o Consello teña realmente relevancia e represente, como é a súa función, a todo o asociacionismo galego”.

miércoles, 15 de abril de 2009

Los populares de Castro Caldelas denuncian impagos a orquestas

Las Nuevas Generaciones de Castro Caldelas instan al Concello a abonar la deuda pendiente con las orquestas que actuaron en las fiestas en honor de la Virgen de los Remedios en 2006, que el regidor Eladio Osorio, reconoció.....

Para leer la noticia pincha en el enlace:

http://www.lavozdegalicia.es/ourense/2009/04/12/0003_7646424.htm

jueves, 9 de abril de 2009

OS TRABAZOS TERCEIROS EN AVEIRO


A Banda de Gaitas Os Trabazos de Castro Caldelas paricipou o pasado Domingo 5 de Abril na segunda fase do XIX Campionato da Liga Galega de Bandas de Gaitas. Obtivo un excelente resultado o quedar terceiros da terceira categoría conseguindo 87 puntos dos 100 posibles. A valoración do presidente da Banda Manuel Duran e boa, xa que no campeonato debutaron varios intergrantes da banda. Polo tanto foi un domingo redondo xa que a pesar dadureza da viaxe os nosos colleitaron unha excelente actuación. Agora a Banda comeza a preparar o seguinte campionato que e o de Manzaneda este verán. ANIMO RAPACES.

jueves, 2 de abril de 2009

PLENO DO 16 DE MARZO EN CASTRO CALDELAS

O Partido Popular a traves do seu voceiro municipal pide que se poñan de manifesto os segintes expedientes:

· Expedientes de contratación de obras do Plan Estatal de Investimentos
· Expediente e proxecto relativo á instalación dun gap-filler en Santa Tecla
· Facturas de Suministros vencelladas ó programa da orientación laboral
· Memoria de actividades do programa de apertura de centros fora do horario lectivo


En nome das Novas Xeracións de Castro Caldelas o voceiro municipal plantea as seguintes preguntas:

1. ¿Estan rematadas as obras do polideportivo municipal?

O Sr. Alcalde di que a obra segue sen entregarse, pero que segundo o contratista a obra está rematada. Considera que a empresa ten que entregar a obra a Deputacion e esta entidade comunicará a recepción o Concello.

Novas Xeracións: No pleno celebrado no mes de Xaneiro fixose a mesma pregunta a cual o alcalde respostou tamen que a obra xa estaba finalizada. A verdade e que non sabemos moi ben se o grupo minicipal vai o concello de paseo ou a traballar xa que segudo o INFORME DE SEGUIMENTO DE OBRA DE “REFORMA INTERIOR DE PAVILLON MUNICIPAL DE CASTRO CALDELAS” realizdo o trinta de Xaneiro, despois da celebración de dito pleno, ainda quedaba por rematar o 15% da obra. Tamen se suxeriu nese pleno que se puxese un monitor deportivo que levase un control das instalación do pavillon, dos horarios e da organización de actividades deportivas, a reposta foi que non tiñan nada previsto. A pregunta entón e ¿Qué e o que teñen previsto? Que sigan as chaves espalladas por todo o pobo coma antes, para que dentro de dous ou tres anos volvamos a mesma. ¿Enton para que o arranxan? E a gran duda, se no mes de Xaneiro nos mentiron decindo que xa estaban finalizadas as obras ¿ agora e verdade? Esperemos que si. E con esta actuación o concello demostra unha vez mais o que lle importa a Xuventude de Castro Caldelas, ou que Xuventude e a que lle interesa.

2. ¿Cal foi o desglose dos gatos derivados das festa dos Fachós?

A Concelleira Sara ines Vega Núñez fara un informe.

Novas Xeracións: No pleno do pasado mes de Xaneiro tamen se lle pediu un informe sobre as actividades culturais celebradas no ano 2008 e ainda estamos esperando por el.

3. ¿Estan pagadas as festas do 2006? ¿Cal é a razon da polemica suscitada sobre que o concello non quere pagar as facturas ás orquestas?. Este ano ¿ Encargase o Concello da sua organización ou queda esta en mans da Asociación Xuvenil?

O Sr. Alcalde di que unha parte das festas foi pagada como adianto. A empresa coa que se contactou non presentou ninguna factura no concello, e por tanto non se fixo ningún pago. Outra cousa e que as orquestas deban cobrar porque fixeron a súa actuación. Habia un comunicado do Xulgado de reter todo o que houbera pendiente coa empresa contratista, como causa dunas medidas cautelares impostas nun procedemento de reclamación de contía. O requirimento feito o Concello era claro, pero non se retivo nada porque non habia factura, e de tela por parte da empresa contratista habia que pagarlla o Xulgado. Finaliza a sua intevencion o rexedor municipal indicando que o Secretario do Concello esta actualmente facendo xestions para solucionar este asunto, indagando o estado da situación no propio Xulgado.

No que respecta a organización para este ano, A Asociación Xuvenil manifestou querer volver facelas.

Novas Xeracións: Unha vez mais e impresionante a forma de actuar do alcalde, un par de meses atrás afirmaba non deber as orquestas e agora di que as orquestas estansen pagar, e o peor afirma non ter facturas dos pagos nin do que lle queda pendente de pagar, pero reconoce ter unha orde do Xulgado, que mais factura quere que lle presenten, que se o Xulgado non soupera que o Concello de Castro Caldelas lle debe cartos o Contratista non lle mandaria orden de pago. O penoso e mais penoso e dicir que non teñen factura, pero teran un contrato cun presuposto, e saberan o que pagaron e o que non. E se non o pagaron o normal e que o fagan porque estan xogando coa reputación de todo un pobo. En relacion a celebración das festas deste ano 2009, polas noticias que Novas Xeracións ten, ainda non esta claro que estas as organice a Asociación Xuvenil, xa que as orquestas seguen vetando Castro Caldelas ata que non cobren, e debido o avanzado que vai o ano o tempo xoga en contra, xa que unhas festas de esa magnitud teñense que organizar con moito tempo.


4. ¿Cal é a causa da suspensión sistematica de licenzas de taxi?

Sinala o Alcalde que o Concello ten varias prazas de taxi, algunhas das cales estan suspendidas. Engade ademais o caso da licencia suspendida momentáneamente a nome de Jose Maria Rodríguez. Esta de acordo en que debe de darse unha solución para obrigar a cubrir a praza ou ben eliminala, xa que e dubidoso que atendendo o numero d habitantes do Concello poida crearse unha nova, concluindo que non se poden dar aprazamentos que non serven de nada porque non se van podr cubrir esas prazas. Considera igualmente que a explotación dunha praza de taxi, hoxe en dia, soamente lle seria rendible a unha persoa que estivera exercendo outra actividade.


En vindeiros plenos seguiremos informando das actividades do concello, e se alguen de vos quere que se plantexe algunha pregunta en concreto non ten mais que enviarnola o noso correo electrónico: nnxxcaldelas@yahoo.es.