jueves, 16 de abril de 2009

NNXX de Galicia presenta na Xunta un escrito de impugnación da última asemblea do Consello da Xuventude


31 de Marzo de 2009



María Seoane, acompañada por representantes doutras asociacións, pediu diante da Consellería de Presidencia que a reunión sexa declarada “nula de pleno dereito”.
A presidenta de Novas Xeracións de Galicia, María Seoane acompañada por representantes de varias asociacións galegas, presentou esta mañá diante do Rexistro Xeral da Xunta de Galicia a documentación pertinente para solicitar que a Consellería de Presidencia declare “nula de pleno dereito” a XL Asemblea do Consello da Xuventude de Galicia.

A medida, tal e como explicou a propia Seoane, comportaría a celebración dunha nova asemblea no prazo máximo de dous meses, e a conseguinte celebración dunha nova votación para elixir aos membros do comité permanente, anulando polo tanto a candidatura de Azucena Rodríguez Amoroso (irmá da anterior presidenta do CXG) que de forma fraudulenta resultou elixida.

Entre os documentos presentados atópase unha declaración de diversas asociacións (Novas Xeracións, Clubs Xuvenís, AUTS e EFAS) que afirman ter presentado diante da Mesa da Asemblea un escrito polo que se solicitaba a suspensión da mesma ao non respectarse os prazos de notificación ás asociacións nin de presentación de candidaturas (cuxa copia con data de rexistro de entrada foi igualmente incluída).

Dito documento, non foi recollido no acta final da sesión, pero a súa recepción si foi asinada polo presidente da Mesa, Ignacio Filgueira.

Un segundo documento, manuscrito e asinado neste caso por 23 dos conselleiros designados polas asociacións para representalas no pleno: Novas Xeracións, Clubs Xuvenís, EFAS, AUTS, Galiza Nova, CAF e CAE (aos que posteriormente se sumaron representantes de CC.OO), relata as graves irregularidades producidas durante o proceso de acreditación, cando a hora límite rebasou en máis de 10 minutos o tope admitido e, tras haber declarado o presidente da mesa a suspensión da asemblea ao non acadar o quórum esixido, permitiuse a acreditación de dous supostos conselleiros (20 minutos despois e sen ningún tipo de identificación) cedendo así ás violentas presións e ameazas que insistentemente realizara o deputado autonómico do PsdeG, José Manuel Lage Tuñas.

Por todo iso, María Seoane explicou que o escrito solicita á Consellería de Presidencia da Xunta de Galicia que “declare inválido todo acordo adoptado en dita asemblea ao estar afectado de nulidada absoluta” e que Novas Xeracións de Galicia adoptará as medidas necesarias para que “o Consello teña realmente relevancia e represente, como é a súa función, a todo o asociacionismo galego”.

No hay comentarios:

Publicar un comentario