sábado, 31 de enero de 2009

Festa do Viño Novo en A Teixeira


O Concello de A Teixeira atópase nunha zona estratéxica para o cultivo da viña, é unha zona vitivinícola por excelencia, xa que é aquí onde se concentran gran parte da idiosincrasia das súas xentes, xa que dende fai tempo tódolos veciños do concello, tiñan viña e elaboraban o seu propio viño que se vendía, constituíndo unha importante fonte de ingresos. Na actualidade conta con varias adegas pertencentes ó Consello regulador Ribeira Sacra.
Con motivo de dar a coñecer as excelencias deste produto, celébrase en A Teixeira " A Festa do Viño Novo".Esta festa ten lugar no mes de novembro xa que é nesta época cando se proba o viño, un viño mozo que aínda ten que esperar un tempo para dar de si todo o que pode dar. Desta forma os veciños de A Teixeira, non perden a oportunidade de xuntarse e degusta-los caldos do ano acompañados das excelencias gastronómicas da terra, como a empanada, os chourizos, o polbo á feira, as castañas asadas, ... Tamén hai charangas que animarán ás xentes a cantar e bailar ata ben entrada a noite.

No hay comentarios:

Publicar un comentario