jueves, 9 de abril de 2009
OS TRABAZOS TERCEIROS EN AVEIRO
A Banda de Gaitas Os Trabazos de Castro Caldelas paricipou o pasado Domingo 5 de Abril na segunda fase do XIX Campionato da Liga Galega de Bandas de Gaitas. Obtivo un excelente resultado o quedar terceiros da terceira categoría conseguindo 87 puntos dos 100 posibles. A valoración do presidente da Banda Manuel Duran e boa, xa que no campeonato debutaron varios intergrantes da banda. Polo tanto foi un domingo redondo xa que a pesar dadureza da viaxe os nosos colleitaron unha excelente actuación. Agora a Banda comeza a preparar o seguinte campionato que e o de Manzaneda este verán. ANIMO RAPACES.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario