lunes, 27 de abril de 2009

CONSTITUCION DAS NOVAS XERACIONS DO MACIZO CENTRAL


O Venres dia 24 tivemolo pracer de asistir a constitución, no Centro Social Cardiego, o pé do embalse de Queixa, das novas xeracións do partido popular nos concellos de Manzaneda, Chandrexa de Queixa e Póboa de Trives.

Neste acto contouse co apoio do presidente do partido popular en Ourense Don Xose Luis Baltar, co diputado provincial e alcalde de Chandrexa de Queixa Don Francisco Rodríguez, co presidente provincial de Novas Xeracións Roberto Ameijeiras, con representantes do partido popular nas distintas corporacións municipais asi coma con distintos presidentes de novas xeracións de diferentes comarcas de Galicia.

O presidente das novas xeracións do Macizocentral, Roberto Domínguez destacou a necesidade de que xente xove e emprendedora decida moverse por esta bisbarra tan esquecida e resaltou o seu afan reivindicativo para a sua mellora.

O acto asistiron unhas 200 persoas a maior parte mozos e mozas destes concellos preocupados polo seu futuro.

NORABOA

No hay comentarios:

Publicar un comentario