martes, 5 de mayo de 2009

O Concello de Castro Caldelas baixase do tren das novas tecnoloxías

O grupo popular de Castro Caldelas denuncia que a páxina web do Concello www.castrocaldelas.es non funciona dende hai varios meses. O grupo popular critica este abandono xa que hoxe en día internet e unha das principais vias para que un concello como o de castro caldelas se de a coñecer ao mundo, e para manter informados aos seus cidadáns sobre todo o que acontece no seu Concello.

As novas xeracións do partido popular de Castro Caldelas tamén critican que algún dos concelleiros do grupo de goberno fan alarde, nun blog privado, da importancia que ten internet hoxe en día, sen embargo esa importancia non se ve plasmada na páxina web do Concello.

Dende o PP faise incapé en que internet e unha ferramenta fundamental hoxe en día, e que o tren das novas tecnoloxias e un tren no que hai que estar todos subidos constantemente para o ben do concello e dos cidadans, xa que e unha ferramenta publicitaria para un concello no que o turismo e moi importante.


Novas Xeracións de Caldelas
www.nnxxcaldelas.blogspot.com

No hay comentarios:

Publicar un comentario