sábado, 30 de mayo de 2009

O grupo popular do concello de Castro Caldelas acusa á concelleira de Cultura de non merecer o diñeiro que cobra pola súa “dedicación exclusiva"

O voceiro do PP no concello, Antonio González, xustifica a acusación pola inexplicada deixadez da concelleira para proporcionarlle ó grupo popular a información que lle foi solicitada nos plenos de xaneiro e no de marzo.

A información requerida é a referida as actividades culturais realizadas no ano 2008, o seu orzamento e financiación. Tamén se lle solicitaron as contas da festa dos Fachós do ano 2009.

A concelleira fíxose a desentendida e sendo data de hoxe que non cumpliu coa súa obriga de facilitar dita información ó grupo popular, polo que este está manifestamente imposibilitado para exercer a súa función de fiscalización das actuacións da concelleira, o que supón un craro acto de impedimento do exercicio de oposición.

O grupo popular está a estudar a posibilidade de pedir o auxilio xudicial para que a concelleira proporcione a información e documentación solicitada, e lamenta que o alcalde Osorio manteña e consinta esta situación de cobrar e non facer o seu traballo.

No hay comentarios:

Publicar un comentario