martes, 4 de agosto de 2009

A BANDA DE GAITAS DOS TRABAZOS FANTASTICOS EN MANZANEDA




Os Trabazos presentaronse o pasado sabado en Manzaneda coa motivación e coa ilusión de coallar unha gran actuación na Terceira Fase da XIX edicion da Liga de Gaitas. Os rapaces realizaron unha gran actuación quedando cuartos na terceira categoria. Interpretaron pezas coma a Jota Arenteiro, a Muiñeira Escornabois ou un gran solo de percusion, que fixo as delicias de todos os asi asistentes e que nos olvidasemos das inclemencias do tempo e a molladura que alguns pillamos.

Asi Os Trabazos conseguiron unha puntuación total de 78 puntos, repartidos en:

PERCUSIÓN--------21puntos
ESTÉTICA---------21puntos
AFINACIÓN--------18puntos
INTERPRETACIÓN---18puntos

A categoria gañouna a banda de Gaitas de San Vicente de Barrantes e os grande gañadores desta edición da Liga de Gaitas na primeira categoria foi a Banda de Gaitas da Carballeira.

Dende Novas Xeracions queremos animar os rapaces a seguir traballando, animar a todo aquel que lle guste a gaita e o seu mundo a que se animen a participar e a poder formar parte da Banda e sobre todo animarvos a seguir apollando a estes rapaces que intentan conseguir que non se perda a musica de Tradicion Galega.

No hay comentarios:

Publicar un comentario