jueves, 30 de julio de 2009
II Mostra de Viños da Ribeira Sacra Ourensá.
Os pasados días 25 e 26 de Xullo celebrouse en Castro Caldelas a II Mostra de Viños da Ribeira Sacra Ourensá, participando nela varias das adegas mais importantes da nosa zona, entre as que se atopaban a Ponte da Boga, Cachin, Alodio, Sollio, Leiravella, Adega Vella, etc.
A inauguración da mostra correu a cargo do Delegado Territorial D. Rogelio Martinez, seguido do pregón pronunciado por D. Enrique Nicanor, Director e experto Audiovisual (Director do festival de cine de Ourense).
Dentro das actividades realizadas dentro da mostra realizarose varios Cursos e Cata de Viños, impartidos por Luis Paadin no Castelo. A un destes Cursos asistimos un grupo de Novas Xeracións de Castro Caldelas, e a parte de pasalo ben, aprendimos a apreciar e distinguir as maravillas dos nosos caldos, así como a valoralos todavía mais. Tamen dende este humilde blog queremos agradecer a Luis Paadin as suas explicacions fora do curso e a súa paciencia.
O segundo día as 12 da mañan tivo lugar unha conferencia a cargo de D. Xose Carballido Presas, Técnico facultativo do Medio Rural da Xunta de Galicia, para finalizar a mostra as 14 horas coa clausura, que correu a cargo de Da. Alejandra Álvarez de Mon Rego, Directora Xeral de Innovación e Industrias Forestáis.
Paralelamente a mostra realizouse tamen unha Feira de Artesanía, e tamen tivemos inchables para os nenos.
Felicitar así a Asociación de Adegueiros da Ribeira Sacra Ourensá, e o seu presidente Jorge Feijoo, pola organización da mostra e animalos a seguila realizando nos próximos anos. Tamen instalos a seguir elaborando estes maravillosos viños que non so nos deleitan o paladar senon que son seña de identidade desta zona.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario